Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este sábado

Billardas contra fragatas militares en Marín

Chega o terceiro asalto da liga regular da Conferencia Sur da LNB. Ao tempo, a Conferencia NorLeste compite na Terra Chá., e a NorOeste na descoñecida terra dos Furabolos.

Redacción - 10:30 15/11/2008

A Liga Nacional de Billarda (LNB) continúa dándolle. A pesar dos esforzos das forzas de seguridade por multar os seus palanadores e palanadoras, a liga regular segue nas tres conferencias. O sábado as franquicias ou equipos da Conferencia Sur enfróntanse en Marín; e os da NorLeste na Terra Chá, en Vilalba.

Dende O Varal, a asociación creadora da Liga Nacional, mandan este "explosivo trailer que non deixará a ninguén indiferente" no que saen "pinchas, mísiles e billardas" empregadas para afundir os barcos do imperialismo "que ten o punto de mira nas pistas" da LNB. A enganchada, din, "prevese multitudinaria". (vídeo a carón desta información).

A misteriosa terra dos Furabolos
Esta fin de semana tamén hai liga na Conferencia NorOeste, despois do seu terceiro asalto, desenvolvido a fin de semana pasada na pista da Sardiñeira, na cidade da Coruña, e dominado polos Xarutos. Desta volta marchan, segundo contan no seu blog, para a Terra dos Furabolos, lugar que só eles saben onde se atopa.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: