Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Publicación no DOG

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para os Deportistas Galegos de Alto Nivel

As achegas económicas, para as persoas que xa foron declarados DGAN, aumentan case un 17% respecto ao ano pasado.

Redacción - 13:46 13/11/2008
O padexeiro David Cal xa aparece incluído na listaxe de DGAN

O padexeiro David Cal xa aparece incluído na listaxe de DGAN

O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica esta quinta feira o anuncia da convocatoria do programa de axudas 2008 para as persoas que xa solicitasen a súa inclusión na listaxe de DGAN (deportistas Galegos de Alto Nivel).

Para conseguir estas axudas económicas, que este ano aumentaron un 17%, valoraranse os resultados deportivos obtidos polos e polas solicitantes no período comprendido entre o 20 de novembro de 2007 e o 13 de novembro de 2008, ámbolos dous incluídos.

Entre os máis de 200 deportistas que foron recoñecidos como DGAN destacan os campións olímpicos Antón Paz, Fernando Echávarri e Carlos Pérez, Perucho; o duplo medallista olímpico, David Cal; os atletas Santi Pérez, Elías Domínguez, David Gómez; e os/as olímpicos Xabier Gómez Noya, Teresa Portela, Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez; a taekwondista Estefanía Hernández; e os regatistas Roberto Bermúdez "Chuny" e Tamara Echegoyen, entre outros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: