Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Venceu O ESTADOUNIDENSE JESSE RICHARDS

Abel Lago acada o subcampionato mundial de kiteboarding

O surfeiro de Carnota rematou na segunda posición da xeral, así como nas modalidades de ondas e 'race'.

Redacción - 18:25 12/11/2008
Estas son algunhas das espectaculares imaxes que deixa a disciplina de Kiteboarding

Estas son algunhas das espectaculares imaxes que deixa a disciplina de Kiteboarding

Abel Lago fíxose coa segunda posición do circuíto mundial de kiteboarding, despois de disputarse as sete probas puntuábeis. A primeira posición foi para o incríbel Jesse Richards, que con són 16 anos deixou abraiados aos seus rivais gañando a clasificación xera, así como a da categoría júnior.

O circuíto mundial de kiteboarding está composto por sete probas, nas que se fai un cómputo global dos puntos obtidos en tres categorías como son ondas, estilo libre e "race". Lago acadou tamén o subcampionato nas modalidades de ondas e "race". O aspecto máis negativo é que o surfeiro de Carnota non foi quen de revalidar o título simbólico que acadara o ano anterior, como gañador da categoría de ondas.

Abel Lago é un experimentado surfeiro nado en Carnota, no ano 1979. Nos dous últimos anos ven acadando os seus mellores resultados no circuíto KPWT, pero antes xa acadara importantes premios como un campionato estatal, un campionato de Europa por equipos, ou un subcampionato continental a nivel individual.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: