Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
1-0 diante do Español

O Dépor lambe a zona europea cun triunfo pola mínima

O gol do mexicano Andrés Guardado ofrécelle a satisfacción da vitoria ás bancadas de Riazor.

Redacción - 20:15 09/11/2008

Pouca emoción lle puxeron o Deportivo da Coruña e o Español á primeira parte do encontro deste domingo na cidade herculina. Con todo, o conxunto coruñés asumiu o protagonismo co balón e antes de finalizar o primeiro treito do partido cheirábase o gol. Finalmente, a calidade de Guardado deixou o balón e o desafío dentro da porta españolista, meténdolle a bola por baixo do brazo a Kameni, con precisión e zurdazo.

Resoltas as táboas e con vantaxe para os locais, cando volveron do vestiario para a segunda parte, pareceran os cataláns os que máis inspirados saían nesta quenda, aleccionados polo adestrador Bartolomé Márquez, xustamente quen fora segundo por aquelas terras á beira do agora técnico deportivista Lotina. Ao final, tres puntos cos que o Deportivo lambe as latitudes europeas da clasificación.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: