Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aposta pola diversificación

Experimentan coa volandeira como alternativa para o cultivo en bateas

Científicos do Centro de Investigacións Mariñas analizan o posíbel engorde en bateas deste molusco parecido á zamburiña que podería ser especialmente rendíbel para o sector.

Redacción / Europa Pres - 16:00 09/11/2008

As posibilidades da volanceira, da mesma familia que a vieira e a zamburiña, aparecen atractivas, segundo os responsábeis do estudo do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Na actualidade a volandeira explótase nas rías de Arousa, Vigo e, en menor medida, Pontevedra. A maior produción concéntrase na confraría de Cambados, que superou os 148 mil quilos en 2007, por diante da de Cangas, con máis de 111.700, Rianxo, con case 59.000 quilos, e Redondela, cuns 49.500. En menor emdida, os pósitos do Grove (15.884 quilos), Ribeira (886 quilos), Moaña (9.088 quilos), Vigo (10.809 quilos) ou Bueu (100 quilos). O seu prezo, oscilou nese período entre os 1,5 e 2,5 euros.

Carme Pérez, bióloga do CIMA, considera que o impulso desta modalidade de acuicultura mariña vaille permitir aos profesionais do mar "diversificar o cultivo de mexillón nas rías". Durante tres anos, en colaboración co Instituto Español de Oceanografía (IEO) da Coruña, van analizar as posibilidades de desenvolvemento de semente de volandeira e o seu posterior engorde en batea, en colaboración coas confrarías de pescadores. Así, tratarán de obter semente de volandeira en colectores ancorados no fondo mariño.

A experta sinala que na década dos 90 esta especie non espertaba o interese do propio sector pesqueiro, que no caso da Ría de Arousa priorizaba a recolección de vieira, malia o máis lento proceso de crecemento. Ao respecto da vieira, Carme Pérez explica que se tratou xa anteriormente a posibilidade de criala e engordala en batea, concluíndose que non é apta para esta tipoloxía.

Das posibilidades da volandeira, os expertos salientan as oportunidades para a comercialización en conserva. "Habería que ofrecela tamén en fresco porque ten moitas posibilidades de consumo, pódese preparar á prancha ou guisada e poderíase comercializar envasada nunha atmosfera estéril", explica Carme Pérez.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: