Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Diñeiro público para promotores

O goberno local de San Cibrao outorga 308 mil euros para unha urbanización privada

Os socialistas cualifican de "cacicada" a concesión de fondos asinada pola alcaldesa Elisa Nogueira (PPdeG) para realizar obras de abastecemento na futura urbanización.

Redacción - 09:00 07/11/2008
Tags:

A proxectada urbanización d'O Piñeiral, no Concello de San Cibrao, é obxecto de polémica esta semana polo convenio urbanístico acordado polo goberno local cos promotores da obra. Segundo este pacto, o Concello pon a disposición dos empresarios até 308 mil euros de fondos públicos para o fornecemento de servizos básicos ás vivendas, comprometéndose a executar as obras necesarias.

Unhas obras que, denuncian desde o grupo local do PSdeG, segundo a lexislación urbanística vixente debe levar a cabo "exclusivamente a iniciativa privada". Os socialistas quéixanse de que se lle "regalen" 308 mil euros públicos a estes promotores e acaban de presentar unha moción para que o asunto se debata no próximo pleno municipal,

De paso, o voceiro municipal do PSdeG, Eladio Fernández, define de "desfachatez" que o PP decida ese investimento mentres outros veciños do municipio aínda non contan con auga e rede pública de sumidoiros. "É unha falta de respecto cara a todos", afirma Fernández, quen responsabiliza do acontecido á alcaldesa, Elisa Nogueira, de quen di que "parece estar disposta a arruinar o municipio". Os socialistas esíxenlle á rexedora que explique "cal é o interese xeral ao que apela para acordar poñer diñeiro público nas mans dos promotores". "Ao converter un terreo público en urbanizábel, a carga fundamental que teñen os promotores é a urbanización e as cesións para dotacións públicas", sinalan, laiándose de que a administración local "regala" a culificación urbanística deste lugar no que xa se construíron 500 chalés e hai edificabilidade prevista para o dobre.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: