Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prensa mundial examina o triunfador nos EUA

Agora "a proba de verdade" para a Obamanía

Medios dixitais de todo o planeta recollen con gran despregamento a nova e analizan o futuro do novo presidente estadounidense. Vídeo no interior.

Redacción - 18:30 05/11/2008



O triunfo de Obama nas eleccións estadounidenses foi este mércores nova de apertura da práctica totalidade dos medios na internet de todo o mundo. A prensa dixital da Lusofonía leva ás súas zonas máis destacadas a información. Así, o brasileiro O Globo titula 'Vitória de Obama é marco, mas disparidades persistem', en referencia ás desigualdades entre negros e brancos nos EUA.

Correio do Brasil salienta: 'Barack Obama vence John McCain e diz que chegou um tempo de mudanças aos EUA', mentres en Portugal a televisión pública, a RTP, titula na mesma liña: 'Barack Obama conquista a Casa Branca e promete mudança'. Tamén insiste nesa mudanza Público: 'Obama encarna mudança em vitória histórica nos EUA'.

Jornal de Notícias actualiza coa reacción de Amnistía Internacional: 'Amnistia dá 100 dias a Obama para "reparar estragos" de Bush'. O brasileiro Último Segundo faise eco da reacción que houbo en Cuba: 'Imprensa oficial cubana questiona "mudança" sob Obama'.

O cubano Granma analiza, ao peche da súa edición, a previsíbel vitoria de Obama no artigo 'Obama a la Casa Blanca'. En Francia, Le Monde, que lle dedica un gran despregue na súa edición dixital, titula, escéptico: 'Sera-t-il à la hauteur de l'engouement suscité par sa campagne ?' (Estará á altura da paixón suscitada?). Libération tamén segue na mesma liña de interpretación despois das primeiras novas: 'Des rues de Chicago à Pennsylvania avenue'.

No Reino Unido, The Guardian céntrase na felicitación presidente saínte: 'George Bush congratulates president-elect Barack Obama'. O correspondente en Nova York de The Independent di que agora chega a proba de verdade: 'Now the real test'.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: