Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Fronte á "inaceptábel ruptura"

Veciños ferroláns urxen os políticos a un acordo "da maioría de esquerdas"

Unha plataforma cidadá une voces en favor dun pacto de PSOE, EU e BNG que acelere solucións para os proxectos prioritarios do concello.

Redacción - 10:25 03/11/2008

"En Ferrol hai unha maioría de esquerdas, como se demostrou nas últimas eleccións municipais. O seu triunfo foi en grande medida grazas á presión dos movementos sociais, mobilizados contra das políticas regresivas do Partido Popular. A ruptura do Goberno Bipartito pon en risco a execución de importantes proxectos que se viñeron xestando nos últimos meses: Regulamento de Participación Cidadán, Recimil, Urbanización do Bertón, Estrada de Castela, Tren ao Porto Exterior etc., que supoñían abordar desde unha óptica progresista, os problemas da cidade".

Así o recolle o manifesto promovido a título persoal por veciños de Ferrol, que a través da rede convidan agora a sumar esforzos para "reconducir" o escenario político ferrolán. Deste xeito, propoñen non só que alén das diferenzas puntuais PSOE e Esquerda Unida recuperen o pacto de goberno, senón que se incorpore ao proceso o BNG, en favor dunha "unidade progresista" que sexa "referente" para o resto de Galiza na actual conxuntura económica.



Primeiras sinaturas:
Abelleira Souto, Xulio
Barrera Beitía, Enrique
Beceiro Mosquera, Emilio
Cendán Dopico, Manuel
Cuadrado Caruncho, Marichy
Dobarro Paz, Xosé María
Durán Rodríguez, María Jesús
Ferrández Rivera, Guillermo
Ferrández Rivera, Pedro
Fra Molinero, Eduardo
Garel Novás, Montse
Gómez Rodríguez, Salustiano
Hermida Dopico, Eduardo
Lastra Muruais, Xosé
Leira López, Xosé
López Pérez, Miguel
López Pérez, Xoan
López Pintos, Xesús Anxo
Méndez Fonte, Rosa
Mera Navieras, Luis
Montero Baquedano, Rafael
Pillado Lista, Rafael
Piñeiro Diaz, Carlos
Rodríguez Calvo, Gonzalo
Sabio Maroño, María Luisa
Yáñez Castro, José Luis
Zaera Ríos, Eliseo


Aquelas persoas ou entidades que desexen adherirse a este Manifesto, poden comunicalo a través de e-mail ao enderezo electrónico seguinte:

gobernodeprogreso ( arroba ) gmail . com


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: