Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
OS DOUS EQUIPOS ESTÁN EMPATADOS A PUNTOS

O Lobelle tamén recibe a un rival complicado

Xoga o sábado contra o Playas de Castellón. O partido disputarase no multiusos do Sar, ás 18.30 horas.

Redacción - 09:47 31/10/2008

Os homes adestrados por Tomás de Dios reciben a un club histórico da División de Honra, como é o Playas de Castellón. Agárdase un encontro intenso e igualado entre dous equipos que se atopan empatados con 10 puntos na clasificación. Será o primeiro partido que o Lobelle xogua no Sar, despois de que a liga se parara por mor do mundial. Tratarán de manter a súa racha na casa, onde contan por vitorias os tres partidos xogados até o momento.

O Lobelle tratará de redimirse ante a súa afección da derrota sufrida a pasada fin de semana ante o Peinasa Cartagena. Os de Castellón, pola súa parte, veñen de impoñerse no partido anterior ao Carinecer Torrejón.

Para a procura da vitoria, o adestrador dos compostelás poderá contar con Luís e Eka, que non puideron estar no último partido de Cartagena.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: