Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
EN L´ESCALA, CATALUNYA, ATÉ O DOMINGO DÍA 2

Oito mozos galegos participarán nas xornadas "Eurodeporte"

Catro rapazas e outros tantos rapaces intervirán neste evento organizado pola Eurorede do deporte, que comeza este venres día 31.

Redacción - 17:51 30/10/2008
A tirolesa será unha das grandes atraccións / Flickr: Antorcha

A tirolesa será unha das grandes atraccións / Flickr: Antorcha

Na sétima edición das xornadas Eurodeporte participarán as delegacións de Catalunya, Galiza, Euskadi e Andalucía, que levarán até a zona de "l´alt empordá" oito rapazas e rapaces, todos en idade cadete. Estas xornadas son organizadas pola Eurorede, unha organización composta de varias entidades deportivas do sudoeste europeo. Un dos obxectivos fundamentais desta organización é fomentar a cooperación en materia de deportes para identificar os problemas propios de cada territorio e contribuír á súa solución.

A competición comeza o venres a partires das 10.00 horas, coas probas de canoa e bicicleta de montaña. No sábado celebrarase un circuíto de aventura que combina diferentes actividades como orientación, tiro con arco, canoa, tirolesa ou bicicleta. Pola tarde levaranse a cabo unha serie de actividades culturais, e o domingo as diferentes delegacións partirán de volta aos seus lugares de orixe.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: