Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Dende 2000, todo segue igual

Incerteza co lixo no Morrazo

Luita Verde califica de grave a situación da recollida e tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) na comarca do Morrazo (Moaña, Cangas e Bueu) e cun futuro totamente incerto cando menos moi preocupante.

Luita verde - 17:57 15/10/2008
Tags:

Cun servizo de recollida privatizado dende o ano 2000, e cunha planta comarcal de tratamento adicada exclusivamente a empacar o lixo para posteriormente envialo á planta incineradora de Cerceda (A Coruña), O Morrazo pasou en 10 anos dun prometedor Plan comarcal de RSU baseado na reciclaxe e a compostaxe, exemplar e pioneiro en Galicia, a un plan desvirtuado, ruinoso e totalmente dependente da incineración e de SOGAMA, na actualidade. E dunha xestión municipal de recollida a sucesivos contratos con empresas privadas, primeiramente con Urbaser, a cal rompeu  o contrato por impagos, e agora Isolux-Corsan con contratos provisionais.

É de verdadeira caradura, que @s mesm@s que daquela privatizaron o servizo de recollida, desvirtuaron o Plan de RSU e nos meteron en SOGAMA, agora soliciten que non se aumente o prezo das taxas polo lamentable servizo que nos legaron. E tamén é vergoñento que @s mesm@s que daquela defendían o Plan inicial da reciclaxe e a compostaxe comarcal, o BNG e o PSOE (este por engadido dividido nas súas posturas), e da teórica esquerda pretendan agora subirnos as taxas por un servizo pésimo e totalmente deficiente e por un Plan que non presentou apenas melloras dende que están co-gobernando, senón en moitos casos empiorou.

Dende Luita Verde voltamos unha vez a denunciar que o gran problema cos RSU no Morrazo, ó igual que en moitos outros sitios, é o contínuo aumento de residuos, o que fai que a súa recollida e o seu tratamento sexa máis complicado e custoso. A isto hai que engadir que os residuos apenas se seleccionan, e se está a enganar á cidadanía pois por exemplo os residuos orgánicos que en moitos contenedores se pon aparte, ó final se mesturan cos inertes e todo vai xunto para incinerar; por non falar do vidro e os cartóns, que moitas das veces van parar ó mesmo camión xenérico da recollida. Os contenedores están en moitos lugares mal ubicados, solen estar a rebosar e mesmo rotos do mal uso que se lle da e por falla de mantemento, lavado e/ou substitución, xa non digamos nas zonas máis afastadas dos núcleos urbanos.

A planta comarcal de tratamento de Castiñeiras sigue mantendo inoperativa a planta de compostaxe que se fixo para este fin con cargo a subvencións millonarias da UE, e ademáis se utiliza para amontonar incontroladamente todo tipo de lixo, ten filtracións de lixiviados ao contorno natural e está rodeada dunha explanada onde se  verquen incontroladamente todo tipo de entullos. Só Cangas ten punto limpo e infrautilizado.

Non existe en ningún concello do Morrazo lugares específicos para verquidos de terras e entullos, e isto está a provocar un problema moi gordo a nivel medioambiental, pois esos residuos se están a verquer incontroladamente en grandes cantidades nos montes e no litoral, sendo ás veces os propios concellos quen verquen ilegalmente.

A xestión comarcal mancomunada dos RSU está ferida de morte, en 4 anos os gobernos BNG-PSOE non foron  capaces de modificala situación anterior legada polo PP, dentro dun Plan malxestionado, que prima o incremento en vez da reducción do lixo xenerado e a incineración en vez da reciclaxe e a compostaxe (non nos vale a xustificación do proxecto piloto da compostaxe caseira do Bokashi nin a promesa de que se vai por en funcionamento a planta comarcal de compostaxe, pois non deixa de ser unha proposta electoralista e propón ademáis a compostaxe de só un 50% do lixo orgánico domiciliario).

Luita Verde denuncia que existe unha intención política de botar abaixo a xestión mancomunada a nivel comarcal dos RSU por motivos economicistas e estratéxicos, xa que se quere que a xestión siga estando en mans privadas e pase de ser comarcal a metropolitana.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: