"Sen sorpresas", cualificou Eleazar Díaz Rangel, director do diario Últimas Noticias, o informe final da Sociedade Interamericana de Prensa (SIP), ao peche da súa reunión en Madrid. Destacou o xornalista venezuelano que "nin a SIP, nin o bloque de prensa, nin quen din que aquí se atropela á liberdade de expresión, ninguén pode mostrar exemplo de noticias que fosen censuradas por efecto da acción do Goberno venezuelano
"Era bastante esperado que a Sociedade Interamericana de Prensa aprobase unha resolución contra Venezuela. Non é sorpresa porque desde o ano 2000 a SIP foi reiterativa no seu ataque contra Venezuela", sinalou o xornalista venezuelano, Eleazar Díaz Rangel, no programa Dando y dando, da canle estatal Venezolana de Televisión (VTV).
Díaz Rangel destacou que, entre outras cousas, "na relación de violacións ao dereito da información que presentou o cartel de empresas xornalísticas na capital española entrelázanse crimes que non teñen nada que ver coa liberdade de expresión, e incluso reclaman que a Comisión Nacional de Telecomunicaciones, no seu xusto dereito, sancione a unha emisora radial por transmitir de xeito ilegal durante anos".
Porén, "as verdadeiras agresións contra a liberdade de informar, como o recente ataque que estudantes da Universidad del Zulia ao diario Panorama para impedir que este medio publicase unha información sobre o caso do dirixente estudantil Julio Soto, ou a agresión física sufrida por un camarógrafo da Asamblea Nacional por parte de opositores ao Goberno, foron silenciadas polos donos de medios que asistiron ao evento".
Destacou que "nin a SIP, nin o bloque de prensa, nin quen din que aquí se atropela á liberdade de expresión, ninguén pode mostrar exemplos de noticias que fosen censuradas por efecto da acción do Goberno venezuelano".
Este martes, o Ministerio del Poder Popular para la Comunicación e Información, rexeitou as declaracións que ao abeiro da xuntanza da SIP en Madrid, fixeron os grandes propietarios de empresas xornalísticas venezuelanas contra o Goberno revolucionario.
Destacou o comunicado que "as mentiras constantemente repetidas por Miguel Henrique Otero, Marcel Granier, Alberto Federico Ravell e David Natera, chocan contra a evidencia que teñen hoxe todos os pobos do mundo de que Venezuela goza dunha absoluta liberdade de expresión, practicada por miles de medios de comunicación privados, alternativos e comunitarios en todo o territorio venezuelano".
"O que realmente lamentan é perder o privilexio de ser propietarios da 'liberdade de expresión' e o fracaso permanente dos seus plans conspirativos".