Enrique Santos Calderón, presidente da Sociedad Interamericana de Prensa, ademais de membro dunha das familias máis poderosas de Colombia, é irmán do ministro da Defensa de Colombia, Juan Manuel Santos.
Xornalistas latinoamericanos cuestionaron onte martes a designación do director do diario colombiano El Tiempo, Enrique Santos Calderón, irmán do ministro da Defensa de Colombia, Juan Manuel Santos e curmán do vicepresidente de Colombia, Francisco Santos; como presidente da Sociedad Interamericana de Prensa (SIP).
Entre os que rexeitaron a elección esta o ex ministro e xornalista venezuelano, José Vicente Rangel, que asegurou que a designación reflicte o medo das oligarquías e o poder mediático diante dos procesos de cambios que están acontecendo na rexión. "Máis do mesmo", resaltou.
O recén designado Enrique Santos Calderón é, ademais de membro dunha das familias máis poderosas de Colombia, curmán do ministro da Defensa de Colombia, Juan Manuel Santos.
O xornalista Omar Rodríguez, editor en Colombia do xornal Le Monde Diplomatique, considerou que esta designación busca contrarrestar o ascenso dos pobos da rexión.
Igualmente, Roger Tabeada, director do xornal Actualidad Regional de Lima, expresou que o nomeamento de Santos tenta colocar a información de costas aos intereses dos pobos.
Pola súa banda, o xornalista Grover Cardozo, exdirector da Agencia Boliviana de Información (ABI), sinalou que a designacion do director do diario El Tiempo, ratifica unha liña política que non toma o verdadeiro sentir dos pobos de Latinoamérica.