Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
a irmandiña arrasa

Galiza e Cataluña xogarán a final dun histórico Mundial de Fútbol Sala

Os desexos de moitos seareiros cumpríronse. A selección galega está na última fase do primeiro campionato do mundo no que participa, e ha xogar contra as anfitrioas.

Redacción - 09:20 05/10/2008
Un momento do Galiza-Colombia (as galegas de vermello)

Un momento do Galiza-Colombia (as galegas de vermello)

As galegas venceron pola mínima a Colombia (5-4), mais tiveron que chegar aos penaltis nun encontro que estivo moi igualado, non en van eran dúas das mellores seleccións do Mundial, cousa ben que demostrada nos partidos xogados para chegar á penúltima fase.

Galiza xa ía dominando no descanso por 3-1, pero as colombianas non se rendían, e nas súas arelas de pasar á final, conseguiron empatar a 3 e forzar a prórroga. Chegados os penaltis, as irmandiñas anotaron dous, por un de Colombia (5-4). No último gol as galegas comezaron a dar chimpos de alegría: estaban na final.

Polo seu lado, as catalás pasaron á final derrotando a Rusia (a única selección que puido coas galegas) por 3-2.

Poderemos ver o partido en directo
O partido será esta o primeiro que retransmita a Galega (pola TDT) desta competición oficial, no que a nosa selección deu moito que falar. Seareiros, atentos: o encontro, en directo, ás 17:00 horas. Tamén se poderá ver a través da TV3 (no seu canal 33).


Ligazóns

4,6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os seareiros colombianos celebrando un gol / Imaxe: http://futsal1930.blogspot.com/
Os seareiros colombianos celebrando un gol / Imaxe: http://futsal1930.blogspot.com/
Cataluña pasou á final gañándolle a Rusia, a única selección que conseguira vencer ante Galiza
Cataluña pasou á final gañándolle a Rusia, a única selección que conseguira vencer ante Galiza
Un momento do Galiza-Arxentina, nas semifinais (as irmandiñas venceron por 8-1)
Un momento do Galiza-Arxentina, nas semifinais (as irmandiñas venceron por 8-1)