Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Reina de la colectividad"

A emigración tamén fai concursos de misses

Na imaxe poden ver as mozas dos centros arxentinos de Santa Comba e Vila de Cruces, escollidas 1ª e 2ª "Princesa de la colectividad" a pé da "Reina", da casa de Madrid.

Redacción - 11:00 05/10/2008

Desde hai anos, as diversas asociacións de emigrantes de todo o Estado con presenza na Arxentina, xúntanse para unha gala conxunta onde, entre repichocas e outras herbas, un ecléctico xurado que xunta diplomáticos, políticos e mesmo representación da compañía aérea patrocinadora escollen a "Raíña da Colectividade".

A elixida deste ano foi Marisol López, da Casa de Madrid en Arxentina, declarada "Reina de la Colectividad Española". A pé dela, a 1ª Princesa da Colectividade, María do Carmo Cancela, da Asociación Cultural e Social Santa Comba de Xallas, e a 2ª Princesa da Colectividade, Macarena Vila, da Asociación Fillos do Concello de Carbia – Vila de Cruces.

O evento, organizado pola Federación de Sociedades Españolas de Argentina, celebrouse no Teatro Avenida de Bos Aires. Na rede, e entre unha ampla escolma de imaxes da visita dos políticos de quenda por aquelas terras, poden atopar a galería de imaxes desta festa.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: