Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Inmigración en Irlanda

O Fine Gael propón que o goberno irlandés lles pague aos inmigrantes en paro para que regresen aos seus países

Un estudo reflicte actitudes contradictorias con respecto a inmigración.

María Golpe - 12:45 02/10/2008

O voceiro de Fine Gael Leo Varadkar ven de suxerir unha opción para reducir as listas do paro que dende primeiros dos anos noventa parecían ser practicamente inexistentes na Irlanda do Tigre Celta: pagarlles aos inmigrantes cobrando o paro para que regresen aos seus países de orixe.

Actualmente son 40 mil os extranxeiros que hai desempregados e cobrando o paro na Republica de Irlanda, moitos deles tras varios anos de ter traballado no país, principalmente no sector da construción.

Aínda que era a crónica dun final anunciado, cando o ‘boom’ da construción parece ter chegado ao seu fin, as voces de alarma empezan a soar, sobre todo nos bancos da oposición. A ministra Mary Hanafin desbotou que o goberno liderado por Fianna Fail vaia considerar a ‘suxestión’ de Fine Gael, polo seu carácter racista.

"A única xente de que podería estar falando neste caso son cidadáns non-europeos, o que significa que se debe estar referindo a cidadáns africanos, o que é un comentario racista. Creo que (Varadkar) debería realmente pensar onde esta poñendo o pé", dixo a ministra.

O voceiro de Fine Gael nega que a súa proposta sexa xenófoba e admite terse inspirado polas políticas de inmigración do goberno de Zapatero.

Pola súa banda, Amárach Research ven de publicar os resultados dun estudo no que as actitudes da poboación cara aos inmigrantes se mostran cando menos contraditorias.

Segundo a enquisa, a dous terzos dos irlandeses gustaríalles que se restrinxise o numero de inmigrantes na illa, sen embargo o 54% cre que o recente fluxo migratorio cara Irlanda (10% da poboación e estranxeira – sendo a inglesa, a chinesa e a polaca as comunidades máis numerosas) afectoulle de maneira positiva ao país (só un de cada tres di que o efecto da inmigración foi negativo).O 59% dos enquisados cren que o goberno non está a facer o suficiente para facilitar o proceso de integración dos inmigrantes.

Segundo a oficina central de estatísticas (Central Statistics Office) os cidadáns non-irlandeses son tres veces mais propensos a sufrir discriminación cando están a buscar traballo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: