Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Máis unha axuda ao deporte tradicional

Billardeemos como galegos

Gadis estréase como patrocinador da Liga Nacional de Billarda. Un novo apoio para os palanadores das tres Conferencias, que esta fin de semana comezan a competición.

Redacción - 13:00 25/09/2008
Imaxe da campaña de Gadis, 'Vivamos como galegos'

Imaxe da campaña de Gadis, 'Vivamos como galegos'

Esta fin de semana bota a andar, de novo, a Liga Nacional de Billarda (LNB), pero dende agora con outro nome: Superliga Galega Gadis de Billarda, porque dende esta semana a marca galega vai patrocinar os palanadores a palanadoras das tres Conferencias. Así, o apoio de Gadis únese ao empresatado no seu tempo por Vieiros e polo xornal Novas da Galiza.

Segundo nos contan dende a Asociación O Varal, a billarda "pedía a berros e a paus un estatus oficial e deixar de ser considerada deporte minoritario", cousa que pode conseguir agora, apadriñada pola marca Supermercados Gadis. Neste sentido, contan que o que fixo que Gadis dese un paso adiante para apoiar este deporte foi o "firme compromiso coa terra da LNB". A Liga enmarcarase na campaña da marca chamada Vivamos como galegos, e será a primeira vez que un deporte tradicional galego consiga o patrocinio dunha gran empresa privada.

Comeza a Liga
Daquela, velaí vai a folla de ruta billardeira para esta fin de semana. O sábado 27, ás 17:00 horas arranca a competición na Conferencia Sur, na pista do colexio Fernández López do Porriño, en plenas Festas do Cristo. O día a seguir, o domingo 28, ás 16:30 horas na pista da Zapateira da Coruña comezará a Conferencia NorOeste a súa tempada, mais, desta volta, cunha firme vocación nómade, xa que agardan moverse por concellos das áreas comarcais veciñas, coma Ferrolterra, Eume, Ordes, Betanzos ou Bergantiños.

No NorLeste tamén comezan o domingo, pero antes de xogar, comen. Ás 14:30 horas haberá un xantar na Taberna da Lola de Remourelle (Ribadeo, A Mariña), e ás 16:30 horas, na pista anexa han comezar a tempada nesta Conferencia, na que compite o vixente Campión Nacional, Markitos, que defenderá o título acadado a finais deste ano.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O último vídeo-estalo da LNB, o partido Galiza-Alemaña

Imaxe do torneo da tempada, que enfrontou á Auténtica contra Alemaña
Imaxe do torneo da tempada, que enfrontou á Auténtica contra Alemaña
Billardeando no Galiza-Deutschland
Billardeando no Galiza-Deutschland
Nos Billarda All Stars, coas camisolas de Vieiros
Nos Billarda All Stars, coas camisolas de Vieiros