Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPARECENCIA NO PARLAMENTO

Touriño: “Avecíñanse meses especialmente difíciles”

O presidente da Xunta anuncia peores tempos para a economía e subliña que non se agarda unha reactivación da mesma antes de mediados de 2009.

Redacción - 14:00 09/09/2008

Touriño non evitou este martes a palabra crise. Nunha comparecencia diante do Parlamento, Emilio Pérez Touriño advertiu publicamente que a crise vai comezar a notarse especialmente coa chegada do outono e que se prolongará, até polo menos, mediados de 2009. Aínda así, sostén que Galiza é menos vulnerábel que o resto do Estado xa que nos últimos tres anos de goberno bipartito “non só reforzou a súa musculatura económica, senón que modificou substancialmente o seu patrón de crecemento”.

Pero o presidente advirte que a pesar das boas condicións, o noso país “non é inmune porque non é unha illa”. Diante disto, afirma que o Goberno vai saber “estar ás duras e ás maduras” e apelou ao “esforzo compartido” de toda a sociedade referíndose especialmente a empresarios, sindicatos e oposición.

Touriño destacou que socialistas e nacionalistas conseguiron mudar nos últimos tres anos o modelo de cremento cara outro “máis equilibrado, menos dependente do consumo e da construción residencial e menos lastrado polo sector exterior”.


2.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: