Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pregunta do BNG no Parlamento

Política Lingüística di estar "moi satisfeita" co compromiso dos corpos policiais co idioma

A Secretaría Xeral asegura ter constancia do máximo compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado coa normalización.

Redacción - 19:20 01/09/2008

Os dereitos lingüísticos dos galegofalantes nos cuarteis, comisarías e dependencias da Garda Civil e da Policía Nacional están garantidos. Así o considera a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que na resposta a unha pregunta parlamentar do BNG sobre este tema, asegura estar "moi satisfeita" neste eido. Ademais, na resposta di "ter constancia do máximo compromiso dos corpos e forzas de seguridade do Estado co proceso de normalización da lingua galega".

A pregunta dos nacionalistas referíase á situación dos dereitos lingüísticos das persoas que falan galego nas dependencias policiais e á imposibilidade de facer sinxelos trámites como denuncias, consultas na web ou a xestión do pasaporte en galego. Política Lingüística, pola súa parte, atribúe estes problemas existentes na actualidade ao feito de que "o proceso de normalización aínda está en marcha" e asegura que, unha vez concluído, estas circunstancias desaparecerán.

Doutra banda, o departamento da Xunta subliña os avances dos corpos policiais do Estado no eido da normalización, tal como as campañas En galego, con toda seguridade ou a difusión de relatos policiais na publicación Contos de agardar.


1.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: