 
Dende onte o Ministerio de Educación, Política Social e Deporte ten a súa propia canle de televisión a través do portal de vídeos en internet YouTube, converténdose aso no primeiro organismo da administración española con presenza nesta web.
 
											Mepsyd
A iniciativa segue a liña marcada por outras institucións sociais e educativas de diversos países da Unión Europea.
 
 "Mepsyd" é o nome elixido para a canle, que se atopa dispoñible no enderezo electrónico http://es.youtube.com/mepsyd.
 
 Organízase en tres zonas distintas, cada unha delas relacionadas coas áreas nas que ten competencia o ministerio, isto é, a educación, a política social e o deporte.
 
 Ademais incorpóranse outros elementos como vídeos institucionais, didácticos e programas de televisión. O Ministerio tamén pretende fomentar a participación activa dos cidadáns a través desta plataforma, de xeito que se lanzarán iniciativas para que aporten os seus propios vídeos. 
 
 Co Mepsyd, o Ministerio pretende aproximar o seu traballo ós mozos e ós estudantes, xa moi familiarizados con este medio, pero tamén a profesionais sociais e da docencia, que usan os vídeos e internet para a súa formación e actividade.
 
 FWWWRANDO
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto