Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na comisión de Economía do Congreso

Davila pide que se avance no autofinanciamento para Galiza e advirte contra o "café para todos"

Segundo a conta expresada pola deputada do BNG no Congreso, para cubrir as necesidades de gasto Galiza precisa de cando menos o 80% dos impostos que recada o Estado no país.

Redacción - 09:30 29/08/2008

Foron 11.625 millóns de euros recadados polo Estado en Galiza no ano 2006, o último do que hai datos, dos que volveron para aquí un total de 4.045 millóns en concepto de cesta de tributos cedidos e 3.612 millóns co Fondo de Suficiencia. Xa que logo, un total de 7.685 millóns de euros.

Con eses números, Olalla Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso, afirmou este xoves que Galiza "pode ter un financiamento autosuficiente cos seus propios recursos" sempre e cando o goberno español se comprometa a modificar o marco actual. Así, Davila expresou que a Galiza cómprelle a cesión de "cando menos o 80% dos impostos estatais" para cubrir as necesidades de gasto.

De paso, a deputada nacionalista advertiu contra a tentación do "café para todos", unha estratexia política que na súa opinión "non sería beneficiosa para Galiza". "Comunidades como Galiza teñen peculiaridades que fan que sexa imprescindíbel un proceso de negociación bilateral co goberno español para que se contemplen no seu financiamento", dixo Fernández Davila, recordando a demanda de que o avellentamento e a dispersión da poboación sexan consideradas á hora de fixar o novo sistema.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: