Unha estrutura de plástico e metal semirríxidos, moi lixeiros e con motor eléctrico que, agora en probas, permítelle camiñar a persoas que levan anos en cadeira de rodas.
Trátase do invento dun enxeñeiro israelí, parapléxico tamén debido a un accidente sufrido hai máis de dez anos. Paradoxalmente, os seus problemas coa mobilidade nos brazos non lle permiten aproveitar todas as súas posibilidades, xa que o dispositivo inclúe un par de muletas para axudar a manter o equilibrio. Pero si parece abrir esperanzas impensábeis até o de agora para milleiros de persoas parapléxicas que en todo o mundo só poden desprazarse en cadeira de rodas.
Permítelle á persoa manterse erguida e desprazarse en todas as direccións, sentarse, erguerse, andar, e subir e baixar escaleiras. Todo grazas a un exo-esqueleto que dispón dun sistema de sensores que traduce en ordes os movementos desde os brazos. Unha pequena mochila inclúe baterías recargábeis.
O sistema está na actualidade en probas, en colaboración entre centros tecnolóxicos de Israel e dos Estados Unidos e a través da empresa Argo Medical Technologies. Pero en apenas un par de anos, os seus creadores esperan comercializado, cun prezo estimado de arredor de 14 mil euros.