Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BATEU O RECORDE DA PROBA

Iván Brión asoballa na Travesía a Nado da Ría de Vigo

O mozo de Ribeira cumpriu os prognósticos ao vencer con claridade, mentres que nas mozas a vitoria foi para a ourensá Sandra Presas Pérez.

Redacción - 11:30 25/08/2008
Iván Brión á súa chegada

Iván Brión á súa chegada

A IX Travesía a nado da Ría de Vigo foi todo un éxito de participación, cun total de 170 nadadoras e nadadores con idades comprendidas entre os 14 e os 64 anos. A gran estrela foi Iván Brión, que venceu na categoría masculina de federados.

O nadador de Ribeira rebaixou en máis de un minuto o recorde anterior, que pertencía ao catalán David Meca, deixando a marca en 43:51.65. Con esta actuación, o do Natación Ribeira Mar de Couso pecha un excelente ano no que tamén se proclamou campión estatal júnior nas categorías de 5.000 e 10.000 metros en augas abertas, ademais de campión europeo na mesma categoría pero na disciplina de relevos 3x3.000 metros. O futuro da natación galega parece a salvo con este prometedor mozo nado no 1989. Detrás de Brión remataron os portugueses Hugo Alberto Riveiro, do Clube Fluvial Vilacodense e Pedro Nuno Mendes, do Sporting Clube de Braga.

Na categoría feminina a vencedora foi Sandra Presas Pérez, do Pavillón Ourense, seguida de Daniela Filipa Costa, do Vitoria Sport Clube, e Raziel Mier Mouriño, do Clube de Natación Ferrol-Elinco.

Dentro de un ano o Real Clube de Náutico de Vigo organizará a X edición da Travesía, na que poderá aproveitar o aumento de popularidade que a proba ven experimentando para realizar un grande aniversario.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: