Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Antes da Vuelta

O Karpin Galicia na Volta a Irlanda

O Tour of Ireland sae de Dublín o mércores día 27 de agosto

María Golpe - 09:30 19/08/2008

Serán 16 equipos de 11 países, entre eles o Karpin Galicia, e sairán de Dublín o mércores 27 de agosto no que será a primeira etapa da Volta a Irlanda. 112 ciclistas de toda Europa, Estados Unidos e Australia participan na volta, que partirá da capital irlandesa e rematará en Cork o día 31 de agosto, percorrendo 900km divididos en cinco etapas.

Outros equipos participantes no Tour of Ireland deste ano son o Team Columbia, Rabobank, SouthAustralia.com/AIS, os irlandeses An Post Sean Kelly Team e Irish National Team, TopSport Vlaanderen, Pezula Racing, o británico Rapha Condor Recycling.co.uk e Pinarello- CandiTV entre outros.

As etapas
-Mércores 27 de agosto: Dublín-Waterford
ás 10.20 os ciclistas partirán de Grand Canal Square, na capital irlandesa, con dirección sur cara as montañas de Wicklow, pasando as vilas de Roundwood, Avoca e Shillelagh antes de dirixirse á subida de Mount Leinster (entre os condados de Wexford e Carlow), pasando a vila de Inistioge (no condado de Kilkenny) e rematando a etapa na cidade de Waterford sobre as 14,30.

-Xoves 28 de agosto: Thurles-Loughrea
A segunda etapa sairá de Thurles (condado de Tipperary) ás 11,20 da mañá e percorrerá 158 kilómetros, dirixíndose cara Loughrea (condado de Galway)- meta da etapa sobre as 14,40.

-Venres 29 de agosto: Ballinrobe-Galway
Na terceira etapa, a volta recorrerá 200 kilómetros cubrindo parte do parque nacional de Connemara no oeste do país. As 10.05, a volta sairá de Ballinrobe cara Cong (condado de Mayo), chegando a Westport as 11,40 e pasando á beira do monte Croagh Padraig en Murrisk con dirección a Leenaun e Spiddal. As 14,30, o pelotón chegará a Salthill, na cidade de Galway.

-Sábado 30 de agosto: Limerick-An Daingean/Dingle
ás 10,45, a volta partirá de Clancy’s Strand en Limerick, con dirección sur cara o condado de Ciarraí, pasando as vilas de Adare, Newcastle West, Listowel e Tralee, antes de rematar a etapa no porto de An Daingean.

-Domingo 31 de agosto: Killarney-Cork
Na ultima xornada da volta, os ciclistas partirán da vila de Killarney as 11,30 con dirección Cork, pasando Macroom e Blarney e rematando na meta final da volta en McCurtain Street, na cidade de Cork sobre as 14,40.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: