A campioa olímpica de natación tivo que conformarse con aparecer diante do Centro Acuático Nacional cun cartaz onde a podiamos ver núa.
Beard amosando o cartaz de PETA
A nadadora pretendía aparecer ela mesma sen roupa a modo de protesta, pero as forzas públicas prohibíronllo por motivos de "seguranza pública" que non conseguiron especificar. No cartel podía lerse o slogan "Síntete cómoda na túa propia pel. Non vistas animais", e foi realizado pola organización PETA (persoas pola ética no trato dos animais).
Esta protesta ten un especial valor, xa que se da no medio das espectaculares medidas de prevención cas que a organización das Olimpíadas e o Goberno Chinés están tratando de evitar calquera manifestación pública que rache ca imaxe de harmonía que queren transmitir ao mundo. Ademais, PETA ven denunciando ultimamente o trato que reciben os animais nas fábricas de peles chinesas, onde se lles arrinca a pel vivos para despois amorear os corpos, algúns de eles aínda con vida.
Impacto en Estados Unidos
A organización PETA traballa principalmente en Estados Unidos, Canadá e América do Sur, contando entre as súas colaboracións con nomes como Paul McCartney, Maná, Antonio Banderas ou Naomi Campbell, entre outros. Sen embargo esta protesta ás portas do comezo das Olimpíadas ten un valor especial por ser Amanda Beard un icono olímpico no seu país.
A nadadora non é solo coñecida polo súas 7 medallas olímpicas (dúas de elas de ouro), senón que se fixo famosa cando con só 14 anos gañou nos Xogos de Atenas dúas de prata e unha de ouro. Para subir a recoller o premio, Amanda foi agarrando un pequeno oso de peluche ao que lle debe o seu segundo nome, beard. Desde entón, o seu enorme sorriso é unha das imaxes máis buscadas cando, cada catro anos, chega aos Xogos Olímpicos como unha garantía de éxito.