Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto

O Breogán ficha a Brian Cusworth

O pivote norteamericano procede do Tartu Ülikool Rock de Estonia, equipo co que se converteu no xogador máis destacado da liga e un dos mellores da FIFA EuroCup.

Redacción - 13:55 04/08/2008
Brian Cusworth

Brian Cusworth

O CB Breogán chegou a un acordo para a incorporación do pivote norteamericano Brian Cusworth, quen vén de xogar no Tartu Ülikool Rock de Estonia. Na liga estona, Cusworth foi escollido como o mellor xogador, ademais de destacar a tempada pasada na FIBA EuroCup como un dos mellores xogadores interiores.

Cusworth, de 24 anos, mide 2,13 metros e comezou a xogar ao baloncesto na Universidade de Harvard. Nos seus comezos destacou como xogador na Liga Báltica. Ademais, tras ser escollido como un dos mellores xogadores da FIBA EuroCup levouno a participar no All Star da competición.

O técnico do equipo lugués, Paco García, definiu ao xogador norteamericano como un "pivote novo, cunha gran proxección que destacou no seu primeiro ano en Europa. É un xogador moi móbil, áxil e rápido, con boa man e gran xogador de costas á canastra". Para García, Cusworth chega ao Breogán para completar "o xogo interior que buscabamos". O técnico ademais agarda que o novo pivote "dé un chimpo con nós á ACB".


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: