Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
BARÓMETRO DE XULLO DO CIS

A crise económica leva a PSOE e PP a un empate técnico

A estimación de voto para o BNG diminúe dúas décimas dende abril, pero mantense por riba do resultado das eleccións xerais.

Redacción - 14:15 01/08/2008

A situación económica comeza deixarse sentir nas percepcións da poboacións. Certifícao o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicado este venres. Non é só que a economía e o paro sexan os dous principais problemas para a meirande parte da poboación, deixando a moita distancia á terceira maior preocupación (a inmigración) e a cuarta (o terrorismo). Senón que tamén a intención de voto para o partido gobernante, o PSOE, está véndose afectada pola crise económica.

Se no primeiro barómetro do CIS despois das eleccións, feito público en abril, os socialistas tiñan seis puntos de vantaxe con respecto ao PP (43,6 fronte a 37,6), agora a enquisa reflite un empate técnico (39,5 fronte a 39,3), cun ascenso de case dous puntos para os populares, pero sobre todo un descenso moi pronunciado para o PSOE, que perdería 3,6 puntos. Os principais beneficiados serían Izquierda Unida, que melloraría nun punto os seus resultados das eleccións de marzo, ERC e CIU, que tamén terían unha estimación de voto superior á acadada hai cinco meses. Tamén sobe UPyD, que chegaría ao 2,5% dos votos, o dobre que en marzo

Pola súa banda, o BNG baixaría dúas décimas con respecto á enquisa de abril (de 1,1 a 0,9), aínda que se mantería por riba do 0,82 obtido nas urnas.

En xeral, a enquisa amosa un descenso nas puntuacións outorgadas aos líderes políticos. José Luis Rodríguez Zapatero segue sendo o mellor valorado, cunha media de 4,75 puntos, pero moi lonxe do 5,58 do anterior barómetro. El presidente del PP, Mariano Rajoy, obtén un 3.99, e o líder de IU, Gaspar Llamazares un 3.29.


Ligazóns

4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: