Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
PIRAGÜISMO. Categorías inferiores

O Kayak Tudense gaña o Campionato Estatal de piragüismo en pista

O clube galego venceu nas categorías xuvenil e cadete. Segundo foi As Torres de Catoira. Os de Tui gañaron 8 medallas de ouro, 3 pratas e 4 bronces.

Redacción - 11:50 29/07/2008

O Club Kayak Tudense de piragüismo logrou este fin de semana o Campionato Estatal de Clubes en pista, nas categorías xuvenil e cadete, cun total de 618 puntos. O Club As Torres Romería Vikinga foi segundo, con 533 puntos, e terceiro quedou o Iberdrola Caja España Zamora con 378 puntos.

Os padexeiros tudenses subiron até 15 veces ao podio, instalado no embalse de Boñar en León, para recoller 8 medallas de ouro, 3 de prata e 4 bronces.Catro dos metais foron para Silvia Vázquez, a gran protagonista, que subiu ao podio para recoller o ouro en K-4 1000 metros (xunto con Valeria Romero, Sabela Castro e Leti Piña), a prata en K-1 500 metros e K-4 400 metros (Valeria Romero, Sabela Castro e Diana Freiría) e o bronce en K-1 1000 metros.

En xuvenil gañáronse catro medallas máis: dúas co K-2 de Leti Piña e Diana Freiría (ouro e prata en 500 e 1.000 metros) e outras dúas co K-2 de Óscar Amandi e Joan Ardit.

Éxitos, tamén, dos cadetes
Tamén houbo resultados moi positivos na categoría cadete, como o ouro de Adrián González, en C-1 1000 metros, o mesmo metal en C-2, xunto con Carlos Méndez (nos 1000 metros) e un bronce nos 500 metros.

Tamén houbo medalla para as cadetes Silvia Rodríguez e Carla Pérez, mostrouse, que conseguiron dous ouros no K-2 nos 1.000 e nos 500 metros, conseguindo Carla, outra medalla, desta volta de bronce no K-1 500 metros. Tamén houbo medalla, de bronce, para Abraham Fernández, Jesús Fernández, Isaac Rodríguez e Rubén Millán no K-4 1.000 metros.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: