Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nova oportunidade para a integración

Vela adaptada para todas e todos

A Dirección Xeral para o Deporte e COGAMI inician xuntas unha colaboración para achegar as persoas con discapacidade aos deportes náuticos.

Redacción - 18:00 23/07/2008

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, asinaron esta cuarta feira o convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto "Vela adaptada para todos e todas", unha iniciativa que achegará a máis de 150 persoas con discapacidade aos deportes náuticos.

Na presentación, Anxo Queiruga, agradeceu o apoio que están a recibir e confesou que este convenio é unha "nova oportunidade" para lograr a integración na sociedade das persoas con discapacidade, ao tempo de lembraba a importancia do deporte como "elemento integrador e de socialización". Neste sentido, Queiruga quixo salientar o traballo que se está facendo dende Deporte para igualar o deporte olímpico ao parolímpico.

Esta mesma cuarta feira comezarán as actividades da "Escola de Vela para todas e todos" coa posta en marcha dun Programa de Vela que terá se desenvolverá até o 24 en Sanxenxo no que participarán un total de 16 persoas con discapacidade.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: