Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta fin de semana

Sanxenxo acolle o I Torneo Internacional de Waterpolo-Praia

Perto de 300 deportistas de 20 equipos de waterpolo chegados de parte do Estado e de Portugal hanse xuntar, o 26 e 27 de xullo, na praia de Silgar.

Redacción - 12:12 23/07/2008

O Club Natación Pontevedra organiza, esta fin de semana (os días 26 e 27 de xullo) o I Torneo Internacional de Waterpolo-Praia de Sanxenxo, nas augas da praia de Silgar. Alí hanse xuntar perto de 300 deportistas pertencentes a un total de 20 equipos chegados de todo o Estado e de Portugal.

Este torneo nace para darlle relevo ao da Praia da Illa da Pobra do Caramiñal que, despois de dez anos, nos que gañou un importante prestixio internacional, non se vai desenvolver este verán.

A participación no torneo
Os equipo poderán ser masculinos, femininos e mixtos, con xogadores federados e non federados, sen importar a idade (aínda que será de categoría absoluta). Cada equipo estará formado por 7 xogadores (aínda que poderán ter outros oito agardando na praia para xogar).

Xogarase a eliminar, cunha rolda para os perdedores e outra para os gañadores, xa que deste xeito todos os equipos poderán xogar, polo menos, 2 partidos. Os partidos durarán 20 minutos, divididos en dúas partes de 10 minutos.
Os equipos participantes

No cadro masculino (aínda que con algúns equipos mixtos) xogarán o CN Pontevedra WP (Galiza), Los Prosikitos (Madrid) , Txipi Team (Bilbao), A.R. Concepción (Madrid), Real Canoe Master (Madrid), Paredes (Portugal), Torrepolo (Torrelaguna, Madrid), Sport Comercio Salgueiros (Portugal), CN Povoense (Portugal), CN Badía (Cataluña), Asociación Coruñesa de Waterpolo (Galiza), Kurmandinhos (Galiza), CN Pontevedra xuvenil (Galiza), CW Padrón (Galiza).

No cadro feminino (con varios equipos mixtos, tamén) xogarán as mozas do CN Pontevedra (Galiza), L@s + Turvad@s (Madrid), Waterpolo Feminino (Galiza), Han cantado bingo!! (Madrid), Kurmandinhos XXX (Galiza), CW Redondela (Galiza).

Entre estes equipos hai algún de gran nivel, como o SC Salgueiros, actual campión da Liga e da Copa de Portugal (xogou a pasada tempada na liga europea); o Txipi Team, formado por xogadores do Askartza de Bilbao da 1ª División Estatal; ou o Real Canoe Master, que conta con xogadores veteranos con longa experiencia internacional.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O torneo desenvolverase na praia de Silgar, en Sanxenxo / Flickr: vito7
O torneo desenvolverase na praia de Silgar, en Sanxenxo / Flickr: vito7
No III Trofeo de WP Cidade de Pontevedra, os mozos do equipo pontevedrés
No III Trofeo de WP Cidade de Pontevedra, os mozos do equipo pontevedrés