Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DEFENSA DA LINGUA

O galego ábrese camiño no Bierzo

Campamentos de verán no noso idioma ou a mellora na recepción da TVG, entre as actividades promovidas pola Xunta.

Redacción - 09:30 23/07/2008
Tags:

Despois do acordo unánime do Parlamento a prol da galeguización da comarca do Bierzo alá polo mes de xuño, comezan a darse agora os primeiros pasos neste eido. O Consello Comarcal do Bierzo, en colaboración con distintos departamentos da Xunta porán en marcha unha serie de proxectos que contemplan a promoción do galego.

Así, organizaranse actividades como programas de xuventude e inmersión lingüística a través de campamentos en Galiza para os máis de mil estudantes neste idioma, porase en valor o tramo do Camiño de Santiago que pasa pola comarca do Bierzo e mellorarase a recepción tanto da radio como da televisión galega.

O presidente da Comisión de Educación e Cultura da Cámara, o nacionalista Bieito Lobeira mantivo estes días unha xuntanza co presidente do Consello Comarcal do Bierzo, ademais de con diferentes alcaldes e representantes de entidades sociais e culturais que traballan pola defensa do galego. Ademais, informou de que algúns destes representantes comparecerán no Parlamento para falar da realidade idiomática daquela zona, así como das principais demandas dos 40.000 habitantes que habitualmente empregan o galego no Bierzo.


4.75/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: