Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Declaración de principios, no XI Congreso

O PSC proclama que Cataluña é "nación" con territorio, cultura e historia de seu

Os socialistas cataláns afirman que a integran "todos os cidadáns e cidadás de Cataluña con independencia da súa orixe e da súa lingua materna".

Redacción - 12:15 20/07/2008

O PSC proclamou que Cataluña é "unha nación cun territorio, unha lingua, unha cultura e unha historia propias que configuran unha comunidade nacional", que a integran "todos os cidadáns e cidadás de Cataluña con independencia da súa orixe e da súa lingua materna".

Na súa declaración de principios (.pdf / 310 KB), aprobada no marco dunha das comisións do XI Congreso do partido que estes días celébrase en Barcelona, os socialistas cataláns recordan que son "catalanistas" porque queren "a liberdade e o autogoberno de Catalunya para construír unha sociedade aberta, avanzada, inclusiva, capaz de unir nun mesmo proxecto a persoas de procedencia diversa".

"Afirmamos a nosa realidade nacional", o que significa un "compromiso cotián coa lingua e coa cultura catalás", que é "plenamente compatíbel co respecto á lingua castelá que forma parte" do patrimonio cultural de Cataluña.

Na declaración, reiteran que "a loita polo socialismo e para a liberdade nacional de Cataluña son obxectivos inseparables" do seu proxecto político, desde unha vocación "internacionalista e solidaria con todos os pobos do mundo".

"Demócratas, progresistas, catalanistas, ..."
Os socialistas cataláns se autodefinen como "demócratas, progresistas, catalanistas, europeístas, ecoloxistas" e tamén feministas, "xente solidaria" e "de paz" que quere combater as desigualdades no mundo, emprendedora e "apaixonada" pola cultura.

Todo iso coa finalidade de "construír unha sociedade baseada na realización plena e efectiva dos valores de liberdade, igualdade, fraternidade, xustiza social, sociedade e paz", valores contrapostos "aos privilexios, as desigualdades e o individualismo insolidario".


3,44/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: