 
Adam Vitale, un cidadán de Nova Iorque, foi condenado pola corte federal de Manhattan por violar as leis contra o envío de correos electrónicos lixo.
 
											O spam tamén se volve contra os seus autores
Vitale cumprirá 30 meses de prisión e terá que pagar 113.189 en concepto de indmenización por enviar spam a máis dun millón de usuarios de AOL, tras burlar o sistema de filtro da compañía de Internet.
 
 O mozo foi descuberto cando asinou un trato cun informador do Goberno de EEUU para enviar spam con publicidade dun programa de seguridade para ordenadores a cambio dun 50% das ganancias do produto.
 
 O xuíz que condenou a Vitale afirma na sentencia que o envío de correos lixo non é un "xogo de nenos", senón unha "grave conducta criminal", penada polas leis federais.
  
 FWWWRANDO
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto