Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSELLO DA XUNTA

A Xunta aproba unha nova Lei de Pesca chamada a modernizar o sector

A consellaría destaca a aposta pola profesionalización e pola pesca sustentable.

Redacción - 18:30 10/07/2008

O proxecto de lei que agora será debatido no Parlamento, recolle por vez primeira a figura da licenza de pesca profesional, que substituirá ao permiso de explotación. Esta licenza estará ligada á embarcación e terá un carácter indefinido, agás no caso do marisqueo, que terá un prazo de vixencia de cinco anos.

Outro dos puntos nos que a nova lei fai fincapé é na 'introdución da cultura do seguro no mar', como xeito de loitar contra a inestabilidade dun sector que depende en boa medida de variables como a situación meteorolóxica. Segundo explicou Touriño, esta nova concepción incide directamente na seguranza marítima.

No referido ás organizacións do sector, a lei regula por vez primeira o funcionamento do Consello Galego de Pesca e promove novas fórmulas de xestión das zonas costeiras coa creación da Axencia de Desenvolvemento Sustentable das Zonas de Pesca e o Turismo Mariñeiro. Do mesmo xeito, o novo texto cambiará a denominación do Servizo de Gardacostas, polo de Servizo de Inspección e Vixilancia Pesqueira, e terá entre as súas funcións a inspección, vixilancia e loita contra a contaminación, ademais do salvamento.

Polémica das bateas
Un dos colectivos que xa amosaran previamente a súa oposición a este proxecto que agora coñecemos é o de algúns bateeiros. Os detractores da lei querían que se garantizase os seus dereitos históricos e que se establecesen medidas para que puidesen quedar coa súa batea e que esta non saíse a concurso como plantexaba Pesca.

Os termos exactos que recolle a nova regulación prevén que a concesión se faga por concurso público, se ben os criterios de outorgamento 'valorarán preferentemente' ter sido titular dunha autorización para o exercicio de acuicultura mariña en zona marítima no mesmo subsector de actividade'. Ademais, outorgaranse por un período máximo de dez anos, que se poderán prorrogar até un máximo de trinta. A Xunta subliñou que estes artigos contan co apoio da comisión representativa do sector mexilloeiro.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: