Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LISTA PROPOSTA VOTARASE ESTE DOMINGO

Tan só dous galegos estarán por elección no Comité Executivo do PP

Redacción - 14:28 22/06/2008

El PPdeG destacou que incrementará de sete a nove membros a súa representación na Xunta Directiva proposta por Mariano Rajoy. Porén, na lista do Comité Executivo que Rajoy lle propuxo ao XVI Congreso do PP, composta por 22 homes e 13 mulleres, só se atopan dous galegos: o vicepresidente do PPdeG e presidente provincial de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, e a voceira municipal da formación en Vigo, Corina Porro, ademáis dos outros cargos cuxa participación era fixa por ser membros natos.

Canda a eles están Alfonso Alonso, Juan Carlos Aparicio, Rita Barberá, Leopoldo Barreda, Ana Botella, Gerardo Camps, Manuel Cobo, Miguel Ángel Cortés, María Dolores de Cospedal, Jorge Fernández Díaz, Carlos Floriano, Gerardo Galeote, Concepción Gamarra, José Manuel García-Margallo, Juan José García-Pelayo, Juan José Güemes, Juan José Lucas, Pepa Luzardo, Teófila Martínez, Lourdes Méndez Monasterio, José María Michavila, Francisco Millán, Ángeles Muñoz, Dolors Nadal, Vicente Rambla, Luisa Fernanda Rudi, Alberto Ruiz Gallardón, Antonio Sanz, Cristina Tavío, Alejo Vidal-Quadras, Celia Villalobos, Tomás Villanueva e Juan Ignacio Zoido.

Ademais hai outros dous galegos entre os compoñentes da Xunta Directiva, formada por 21 homes e 9 mulleres, entre os que están o ex ministro José Manuel Romay Beccaria e o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda.

A lista complétana José María Álvarez del Manzano, Teresa Angulo, Joaquín Bascuñana, Margarita Cabrer, Sonia Castedo, Juan Cotino, Antón Damborenea, Mercedes de la Merced, José Antonio de Santiago Juárez, Fernando Díez Moreno, Alberto Fernández Díaz, Manuel Fernández González, Lucía Figar, Elena García Botín, Pablo García Pérez, Manuel Andrés González, Lourdes González García, Agustín Iglesias Caunedo, José Manuel Igual Ortiz, Jesús Labrador Encinas, Miguel Ángel Lafuente, Manuel Lamela, Álvaro Lapuerta, Jaime Raynaud, María Jesús Ruiz Ruiz, Antonio Silván, Isabel Tocino e Carlos Urquijo.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: