 
Con historias orixinais, ligazóns a outros medios e un novo 'Monitor de Escándalos'.
 
											Paul Steiger
O ex editor do Wall Street Journal Paul Steiger lanzou o seu novo sitio web ProPublica, con historias orixinais, enlaces a outros medios e un novo 'Monitor de Escándalos'.
 
 Segundo unha información de Editor&Publisher (E&P), nunha primeira mensaxe, Steiger, editor en xefe, e Steve Engelberg, editor xeral, explican que o obxectivo de ProPublica é cubrir historias sobre violacións á confianza pública e abuso de poder que doutro xeito pasarían inadvertidas, do mesmo xeito que seguir o rastro a investigacións en curso noutros medios.
 
 Unha das seccións máis destacas do novo sitio chámase Scandal Watch, que segue as cinco investigacións máis destacadas do momento noutros medios, segundo a selección dos editores de ProPublica e ordenadas segundo cuán ampla sexa a cobertura, engade E&P.
 
 O sitio tamén contará con contido orixinal, publicado en cooperación con medios asociados, ademais de análises de novos noticias actuais e seleccións de xornalismo de investigación en liña en EEUU.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto