Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A un ano das eleccións

Vento favorábel á repetición de "Galeusca" nos vindeiros comicios europeos

A boa relación das formacións que en 2004 xuntaron forzas nunha candidatura unida, fai probábel a repetición do acordo, segundo insinuou este xoves o voceiro nacional do BNG.

Redacción - 18:00 13/06/2008

Hai algo máis de catro anos que os líderes de BNG, CiU e EAJ-PNV asinaron formalmente un pacto que comezaba manifestando o compromiso común destas formacións cunha Europa "democrática, social, solidaria, respectuosa da súa pluralidade nacional e cultural e promotora dun mundo máis xusto e igualitario, ecoloxicamente sostíbel e en paz".

A coalición electoral coa que daquela concorreron conxuntamente ás eleccións ao Parlamento Europeo do 13 de xuño de 2004, baixo a denominación "Galeusca – Pobos de Europa", podería agora repetirse. A un ano da cita, o voceiro nacional do BNG, Anxo Quintana, indicou este venres que esa alianza foi no seu momento "moi positiva" e que o resultado é en si mesmo un "vaticinio do que se pode facer para as próximas eleccións".

Así e todo, Quintana advertiu ao respecto de que o tema non está na axenda inmediata das tres formacións, sinalando que previamente Galiza aínda ten por diante "outro proceso electoral", en referencia ás eleccións autonómicas, que con probabilidade se celebrarían no mes de marzo, un trimestre antes da votación europea.

Quintana subliñaba así o "positivo" balance que o BNG fai da coalición acordada aquel ano, aproveitando o encontro mantido en Compostela co secretario xeral de Convergència i Unió (CiU), Artur Mas. Como exemplo da sintonía, o líder do Bloque expresou a vontade de aproveitar a véspera do próximo 25 de xullo para realizar un acto de conmemoración do 75 aniversario da declaración selada polas forzas nacionalistas de Galiza, Euskadi e Cataluña o 25 de xullo de 1933.


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: