Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Integración no deporte

A selección galega de baloncesto en cadeira de rodas xoga contra China

Será o vindeiro 21 de xuño na Coruña. Os que saben como xogan gaban o seu nivel. Desta volta, o equipo é mixto, e cos homes xoga unha muller, Vicky Alonso.

Redacción - 18:30 12/06/2008
Durante a presentación

Durante a presentación

A Dirección Xeral para o Deporte, dirixida por Marta Souto, a Concellaría de Deportes da Coruña, con Xoán Martínez Caxigal á cabeza, e a Federación Galega de Deportes de Minusválidos Físicos (FGDMF), da que é presidente José Luís Álvarez, presentaron o partido amigábel de baloncesto en cadeira de rodas que ha enfrontar a Galiza e a China.

O encontro será o vindeiro sábado 21 de xuño, ás 20:30 horas no Polideportivo da Sagrada Familia, no Barrio das Flores da Coruña.

Na presentación do encontro, a máxima responsábel do deporte galego, Marta Souto, destacou o alto nivel deportivo da selección galega, non só dentro do Estado, senón en toda Europa, e sinalou a importancia de darlle pulo, dende as institucións, ás nosas seleccións, co fin de ter uns equipos o máis preparados posíbel.

Desta volta, ademais, vai seleccionada unha muller, Vicky Alonso, que tamén ten xogado coa selección estatal, que quedou o ano pasado de cuarta no Campionato de Europa.

A súa estrea

A selección galega en cadeira de rodas estreouse en competición o pasado mes de maio, no Campionato Estatal por Autonomías. Alí, os galegos deron boa mostra do seu bo xogo, gañándolle o primeiro partido a Euskadi por 59-41; e o segundo a Castela e León, por 63-49. No terceiro partido a irmandiña atopouse cunha potente selección andaluza que non lle deixou gañar o campionato, xa que anotou 75 puntos, fronte os 48 dos galegos.

O galego Lorenzo Envo foi elixido como mellor xogador do torneo.


4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A irmandiña do baloncesto en cadeira de rodas, no Campionato Estatal por Autonomía (a súa estrea)
A irmandiña do baloncesto en cadeira de rodas, no Campionato Estatal por Autonomía (a súa estrea)
Imaxe da presentación da selección galega de baloncesto en cadeira de rodas
Imaxe da presentación da selección galega de baloncesto en cadeira de rodas