Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Escasas axudas do INAEM

O goberno español segue pechándolle a billa ao teatro galego

O BNG repróchalle ao Ministerio de Cultura, xestionado polo galego César Antonio Molina, que teime en discriminar os grupos do país no reparto de cartos.

Redacción - 09:00 09/06/2008

A última convocatoria de axudas realizada desde Madrid polo chamado Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales, INAEM, entidade dependente do goberno español, resolveuse con apenas 150 mil euros para compañías de Galiza, de entre un total de 10,7 millóns de euros repartidos.

Francisco Jorquera, voceiro do BNG no Congreso, rexistrou na Cámara baixa unha iniciativa similar á que xa levara no seu momento a Cámara alta, cando era senador, queixándose da irregularidade dos criterios do executivo español á hora da repartición das axudas. Son cifras que, na opinión de Jorquera, evidencian a "marxinación" á que o Ministerio liderado por Molina somete as compañías teatrais galegas. O Bloque sinala que cun repartimento que atendese a criterios de poboación, Galiza debería recibir cando menos 700 mil euros neste apartado. De xeito específico, Jorquera tamén se laia da falta de axudas desde Madrid ao Festival Mozart e o Festival de Ópera da Coruña.


3,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: