O espazo, de 500 metros cadrados, está próximo ao Arsenal Militar.
En realidade, o bunker, construído por Franco nos anos 50 como refuxio antiaéreo, nunca foi utilizado con esa función. O espazo, duns 500 metros cadrados, está situado nos baixo da Costa de Mella, baixo baixo os xardíns da Capitanía Marítima e moi próximo ao Arsenal. Nos anos oitenta foi un local de copas e alterne.
O concelleiro de Vivenda, Miguel Reimúndez (EU), anunciou a convocatoria dun concurso de proxectos, que será dirixido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. para recuperar 500 metros cadrados de superficie "singular".
O concurso aberto polo Concello seleccionará un anteproxecto cuxa execución non deberá exceder os 600.000 euros e que deberá "privilexiar as expresións artísticas novas que conecten coa mocidade". Os participantes poderán percorrer o refuxio militar a próxima semana e presentar as súas propostas antes do 15 de xullo. O fallo, en setembro.