Os teus versos, cantigas ou microrrelatos. Envía a túa peza.
Só unha condición: que inclúan a palabra "ponte". Podes enviar as creacións a informacion@pontenasondas.org ou noticias@vieiros.com
Velaquí algunha das recibidas hai un ano:
"Nun río hai unha PONTE, unha Ponte de ferro que xungue un patrimonio con agarimo e respecto".
Adrián Ramos
"Aló estaba outra vez. Viña conducindo un mes máis tarde pola PONTE de
Rande, lugar de infausto recordo para el. Endexamais esquecerá aquel día do
accidente de tráfico múltiple. Estivo a piques de perde-la vida. Un
desacougo interior apoderárase del ante a posibilidade de non volver ver a
Tamariña, a Martiña, á súa familia. Foron uns segundos de desconcerto nos
que non se inmutou. Notou como o seu asento cedía. Un coche chocara contra
el e el fixera o propio co vehículo precedente. A PONTE de Rande quedoulle
gravada na cabeza".
Santiago Patiño
“Na ponte da imaxinación,
alí estamos nós”.
José Ángel (2ºA)
“As augas polo río,
pasan por unha ponte
para que nós poidamos pasar
e tamén comunicar”. Alicia (2º A)