Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O deporte galego une

Cen concellos galegos celebran este domingo a 'Festa do Deporte'

O 8 de xuño desenvolverase, por primeira vez en Galiza, nas rúas, praias, pavillóns, parques e prazas destes municipios.

Redacción - 16:47 02/06/2008

Cen concellos galegos celebrarán a "Festa do Deporte" o vindeiro domingo 8 de xuño, no que será unha xornada de deporte na rúa para todos e todas baixo o lema "O deporte galego une".

Esta iniciativa, que comezou hai sete anos nas cidades de Torino (Italia) e Barcelona, e que se desenvolve con éxito en Euskadi e Cataluña, chega por primeira vez ao noso país, e foi presentada esta segunda feira pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto.

Deporte feminino, deporte para maiores, deporte para discapacitados e deportes tradicionais hanse dar a man unha vez máis o vindeiro día 8 de xuño, a partir das 10:00 da mañá e ata as 14:00 horas nos cen concellos galegos que acolleron esta iniciativa. Vai haber deporte na rúa, nas praias, nos xardíns, nos parques... de estes municipios, que van dende as cidades máis grandes (como Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra ou Ourense), até as máis pequenas, cunha programación variada e na que poderán participar todos os cidadáns.

Cen concellos co deporte
En total son 37 concellos da provincia da Coruña, 19 de Lugo, 18 de Ourense e 23 de Pontevedra, ademais do cárcere da Lama, o que supón unha posibilidade de participación do 59,52 por cento da poboación galega (1.650.000 habitantes). Os Concellos, que son os responsábeis da programación, recibirán agasallos por parte da Consellería para repartir entre os participantes nos actividades que se organicen (camisetas, viseiras, panos), así como lotes de material deportivo para os Concellos (material de iniciación, sobre todo de deportes minoritarios e alternativos).


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: