O vindeiro 8 de xuño varios concellos de toda Galiza han organizar este evento, coa colaboración das federacións deportivas e da Dirección Xeral para o Deporte.
A Festa do Deporte é unha aposta por levar as actividades lúdico-deportivas aos concellos, abertas á participación de todo o mundo. Hase desenvolver o vindeiro domingo 8 de xuño en varios municipios por todo o país, en horario de 10:00 a 14:00 horas, aínda que cada concello pode ampliar a xornada.
Naceu dunha iniciativa das provincias de Torino (Italia) e Barcelona, ás que se foron incorporando outros territorios e institucións, como deputacións forais de Euskadi, ou o Consell Insular Balear. Agora, en 2008, chega a Galiza para fomentar a práctica físico deportiva como elemento de mellora da saúde e como elemento de comunicación na sociedade.
Os concellos xa se poden apuntar se o desexan, e para sabelo todo, consultar a web do Deporte Galego, onde se atopan a descrición das posíbeis actividades e as fichas de inscrición.