Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto

Tamara Abalde vai ir ao Preolímpico

A ferrolá aparece na listaxe definitiva da selección estatal de baloncesto. É unha das 12 mozas que van tentar conseguir o pasaporte para Beixín 2008.

Redacción - 12:06 21/05/2008

O seleccionador do equipo estatal feminino de baloncesto, Evaristo Pérez, escolleu finalmente a 12 mulleres para facer parte do combinado que ha tentar conseguir o pase para as Olimpíadas de Beixín 2008, que se xogan no Preolímpico, en Madrid, a partir do 9 de xuño.

De entre esas 12 seleccionadas está a ferrolá, mais viguesa de militancia, Tamara Abalde, de 19 anos, que comezou no cadro do Celta Vigourban e que esta tempada probou sorte na liga universitaria norteamericana, destacando no equipo da Universidade de Lamar. Tamén están seleccionadas outras dúas xogadoras do Celta Vigourban, Laura Nicholss e Alba Torrens.

A concentración do equipo para preparar o preolímpico comeza esta quinta feira en Segovia, onde disputará un partido contra a República Checa. A sexta feira, e co mesmo rival, a selección estatal ha xogar outro partido Palencia. O domingo xogan na mesma cidade contra Angola, e o 29 de maio comezan o Torneo de Paterna (Valencia) onde han xogar contra Nova Zelandia e contra Xapón.

Han seguir a preparación o 3 e o 4 de xuño no Torneo de Alcobendas, despois adestrarán en Madrid, e o día 9 de xuño comezarán o Preolímpico. A selección estatal está no Grupo C, onde se ha enfrontar a Fidxi e a Brasil.

O equipo estatal

Bases: Elisa Aguilar (Ros Casares) e Nuria Martínez (Dinamo Moscú). Escoltas: Laia Palau (Ros Casares) e Isabel Sánchez (Perfumerías Avenida). Aleiros: Amaya Valdemoro (fichada por Ros Casares), Alba Torrens (Celta Vigourban) e María Revuelto (CB San José). Ala-Pivotes: Anna Montañana (Perfumerías Avenida) e Tamara Abalde (Lamar). Pivotes: Lucila Pascua (CB San José), Cindy Lima (CB San José) e Laura Nicholls (Celta Vigourban).


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: