Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
É este sábado

Tres atletas do Cidade de Lugo ao Europeo de duatlón

Son Aida Valiño, Jesús Gomar, Óscar Vicente, mais tamén o técnico Omar González, que comandará a selección estatal en Grecia, no campionato continental.

Redacción - 13:59 20/05/2008
Aida Valiño, correndo no centro

Aida Valiño, correndo no centro

Aida Valiño e Jesús Gomar en Sub 23, e Óscar Vicente (que acadou o cuarto posto hai un ano), en júnior masculino, son os atletas seleccionados pola Cidade de Lugo Club Fluvial para competir o vindeiro sábado 24 de maio en Grecia, no Campionato de Europa de Duatlón. Os galegos fan parte dunha expedición composta por 16 seleccionados, que ademais viaxan a Grecia comandados polo técnico do clube lugués, Omar González Sampedro, que foi escollido pola Federación Española de Triatlón.

Ao Europeo tamén vai convocada outra galega, María Martínez, do Club Atletismo Porriño.

Ademais, nos Estatais...
A fin de semana pasada disputáronse os dous primeiros triatlóns clasificatorios para o Campionato estatal. O sábado desenvolveuse o Triatlón de Cullera (Valencia) e o domingo o de Águilas (Murcia). Ámbolos dous tiñan un percorrido sobre unha distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé).

Agnes Eppers, Jesús Gomar e Adrián Vázquez conseguiron clasificarse en Cullera, ao rematar segunda, cuarto e décimo segundo respectivamente.

En Águilas, Saleta Castro foi quinta; Noélia Mora décimo terceira e Ana Cristina Southwood foi décimo sétima, postos estes que lles outorgaron a clasificación directa.

Esta tempada está previsto que se desenvolvan un total de seis probas clasificatorias, e nelas os 20 primeiros triatletas conseguen o pase ao Campionato Estatal, que se desenvolverá o día 14 de setembro en Ferrol.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: