Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
POLÍTICA EDITORIAL

Baltar quere que a Deputación de Ourense merque accións do xornal 'La Región'

O dirixente conservador está disposto a meter 1,5 millóns de euros públicos para reflotar o diario. Socialistas e nacionalistas opóñense á operación.

Redacción - 11:00 20/05/2008

O presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, pretende investir, a través do organismo provincial, 1,5 millóns de euros no diario 'La Región'. Fontes socialistas e nacionalistas da Deputación recoñeceron que Baltar lles comunicou esta intención alegando as dificultades económicas que ten nos últimos tempos o xornal ourensán.

Segundo El País, na reunión cos partidos, Baltar defendeu a necesidade da operación para que Caixa Galicia e Caixanova outorguen un crédito para que La Región faga fronte a seis millóns de débeda con Facenda e coa Seguridade Social. PSdeG e BNG opóñense a que a Deputación sexa socia do diario.

O xornal madrileño revela a existencia dun informe técnico que cualifica de “conduta ilícita” este tipo de operacións, xa que vulneraría a Lei de Defensa da Competencia de Galicia e representaría un intento de “control da opinión pública”.


1.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: