Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A proposta de futuro do Karpin Galicia

Delio Fernández adáptase no campo profesional, e Mosquera dirixe en Cataluña

O primeiro conseguiu un décimo quinto posto na etapa raíña do GP Paredes, e o segundo vai liderar o equipo na Volta a Cataluña.

Redacción - 12:43 19/05/2008
Mosquera liderará o equipo na rolda catalá

Mosquera liderará o equipo na rolda catalá

O ciclista do KGZ, Delio Fernández, confirmou no GP Paredes a súa adaptación ao campo profesional, entrando na etapa raíña da rolda portuguesa en décimo quinto posto (sendo décimo sexto na xeral).

O moañés de 22 anos, que foi colaborador destacado do triunfo de David García na Volta a Turquía, selou unha moi boa primeira parte da tempada con este posto. Na rolda portuguesa Pedro Cardoso (LA-MSS) gañou a última etapa, roubándolle o liderado ao seu compañeiro de equipo, Vicioso, mentres que o redondelán Enrique Salgueiro (Extremadura) acabou na décima posición, sendo o primeiro de entre os galegos.

O Karpin Galicia volve apoiarse en Ezequiel Mosquera na Volta a Cataluña

O Karpin Galicia participa do 19 ao 25 na Volta a Cataluña, a súa segunda carreira do calendario Pro Tour na presente tempada, que comeza en Lloret de Mar cun prólogo de 3,2 quilómetros, ao que seguirán seis etapas en liña.
Álvaro Pino, o director deportivo do KGZ, vai aliñar na rolda catalá a Ezequiel Mosquera, liderando o equipo, que estará acompañado de Gustavo Domínguez, David García, Gustavo C. Veloso, Gonzalo Rabuñal, Iban Mayoz, Alberto Fernández e Eduard Vorganov.

Pino apuntou que o equipo vai coa intención de buscar un posto "entre os dez primeiros e loitar por un triunfo de etapa. Se o percorrido fose máis selectivo poderiamos pensar en loitar por estar entre os cinco primeiros ou no podio, pero a montaña está moi lonxe de meta e nas etapas máis selectivas penso que chegará a meta un grupo de non menos de vinte corredores. Nesas circunstancias, as opcións de Ezequiel Mosquera diminúen sensibelmente".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: