A presentación oficial terá lugar o venres 9 no Teatro Moliére de Bruxelas.
Sei 100 veces máis ca ti. Ialma rebélase contra a idea de que un sábeo todo e non ten máis que aprender, e nomea 100 voltas a un proxecto no que por primeira vez a danza toma un papel protagonista, e no que ademais o grupo ábrese cara a outras culturas co obxectivo de enriquecer a propia. No espectáculo que presentarán este venres no Teatro Moliére de Bruxelas bailaríns ciganos farán baile galego, xusto antes de que polo escenario desfilen intérpretes de hiphop, artistas de Guinea, e mesmo parellas ao son de tangos.
O seu primeiro album Palabras darei foi gravado íntegramente a capella e publicado por EMI. No segundo, Marmuladas, o grupo comezou a traballar con conxunto de músicos belgas, habituais nos seus seguintes traballos: Didier Laloy, Pascal Chardome, Luc Pilartz, Osvaldo Hernández e Cédric Waterschoot. E en Nova Era Ialma sorprendían cunha versión do Under the bridge de Red Hot Chili Peppers.
Agora chega 100 voltas, un proxecto no que Magali, Marisol, Natalia, Nuria e Verónica contaron coa colaboración de Rosa e Aída, dúas cantareiras galegas de 75 e 82 anos respectivamente que se achegan a Bruxelas dende a súa aldea de Moscoso. Entre os demáis invitados que forman "100 Voltas" atopamos a Gabor Varga (danza, Hungría), Xurxo Fernandes e Miguel Souto (canto e danza galega), Dante e Mónica Domínguez (tango, Arxentina), Patricia Vancauwenberge (bolas, Arxentina), Marco Mendez (danza galega, hip hop), N´Faly Kouyaté (kora, Guinea), Puto Coke (rap galego) e Ghalia Benali (danza e canto árabe, Túnez).