O Goberno tamén lle deu luz verde á Oferta Pública de Emprego para 2008.
O Consello da Xunta aprobou este mércores un proxecto de lei que eximirá de impostos a nove de cada dez herdeiros galegos. Se o Parlamento finalmente referenda a proposta do Goberno, os cónxuxes que herden unha vivenda habitual non terán que pagar nada, mentres que a práctica totalidade dos menores tamén se librarán dese tributo. Touriño explicou que a actual normativa data de 1977 e que era preciso un novo modelo distributivo baseado na “xustiza e na equidade social”.
No mesmo Consello da Xunta aprobáronse, entre outras cuestións, a Oferta Público de Emprego 2008; as Unidades de Xestión Forestal, que pretenden unha ordenación racional da produción nos montes; e a declaración de suprmanunicipalidade do hospital de Vigo, o que permitirá que se reduzan os prazos administrativos previso á obra.
Entre os asuntos máis curiosos tratados polo Goberno está o pasaporte e cartilla sanitaria para cans, gatos e furóns, de acordo coas directrices da Unión Europea. Na documentación estará impresa a situación sanitaria dos animais que permitirá o seu desprazamento polos diferentes Estados membros da UE.