Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
Ás furtadelas

Coma cristián

Vivín coma cristián, e coma tal entendo morrer, despois de intentar aplicar e practicar, dende a doutrina da non violencia, a mensaxe do amor universal que Xesús nos trouxo de parte de Deus para a construción do Reino de Deus.

Porén, non desexo que se celebren para min funerais, nin calquera outro rito da Igrexa Católica. Chegada a hora da sinceridade, debo dicir que evolucionei ao final da miña vida de maneira que xa non teño esperanza na renovación da Igrexa católico-romana dende dentro, aínda que conservo a esperanza na renovación do cristianismo por obra de comunidades de base, igrexas pacifistas e movementos ecuménicos. Enténdase isto como un xeito de protesta fronte a unha Igrexa ritualista e dogmática, pouco sensible aos signos dos tempos.Sei que non sempre respondín ás persoas que podían agardar de min axuda, consolo ou simplemente amizade. Agardo que me perdoen.En definitiva, considérome afortunado pola vida que vivín e polo cariño de que me vexo rodeado na miña fase final. Louvado sexa Deus.

Gonzalo Arias (Revista Alandar nº 246)

Gonzalo Arias (Revista Alandar nº 246) - 21:08 25/04/2008
Tags:

.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: